Información xeral

O Hospital  Cosaga, en colaboración con  Scanner Ourense, converteuse no primeiro hospital privado de Galicia en adquirir unha nova Resonancia Magnética de alto campo e última xeración con tecnoloxía  anticlaustrofobia.

Esta nova  RMN dixital  Ingenia 1.5  Teslas PHILIPS permite, grazas á súa maior definición, obter imaxes mais precisas de estruturas cardíacas, vasculares, neurolóxicas,  abdomino- pélvicas e músculo- esqueléticas.

Conta ademais con importantes innovacións pensadas para mellorar o confort do paciente e evitar a ansiedade e sensación de  claustrofobia como son o aumento do diámetro do aloxamento para o paciente, que pasa de 60 a 70 cm (única Resonancia Magnética na provincia de Ourense que conta con este diámetro). Incorpora tamén as tecnoloxías  Ambient  Experience, que consiste nunha iluminación dinámica, e  Patient  In  Bore, que permite ao paciente unha vez no “ bore” (tubo da  RMN) visualizar imaxes ou un vídeo da súa elección especialmente deseñado con sons suaves e  tranquilizantes.

Estamos seguros que esta nova  RMN contribuirá a incrementar o nivel asistencial e benestar dos pacientes desta provincia.

A nova Resonancia Magnética dixital de alto campo súmase á importante remodelación das instalacións do Servizo de  Radiodiagnóstico do Hospital  Cosaga e  Scanner Ourense, e están pensadas e deseñadas para a comodidade do paciente.

As novas instalacións contan agora con dúas Resonancias Magnéticas de alto campo de 1,5  teslas e un  Tac  multicorte que complementan a oferta de diagnóstico por imaxe (radioloxía xeral,  ortopantomografía, mamografía e ecografía) do hospital.