Información xeral

O Hospital  Cosaga conta cun servizo de Farmacia Hospitalaria composto por un farmacéutico especialista en Farmacia Hospitalaria e dous técnicos en Farmacia.

As funcións son:

Xestionar a adquisición de todos os medicamentos do centro.

Dispensar medicación a pacientes ingresados en doses unitarias. Cada paciente recibe a medicación de forma individualizada (compróbase o tratamento que necesita e adáptanse os envases comerciais a envases unitarios grazas a unha  maquina  reenvasadora en doses unitarias para asegurar a correcta manipulación dos medicamentos).

Dispensar e informar o paciente ambulante do correcto uso de medicamentos de uso hospitalario, comprobando a non existencia de interaccións entre a súa medicación habitual e o novo tratamento.

Conciliar a medicación habitual do paciente coa que recibirá no noso centro. (Evitar duplicidades, interaccións…)

Evitar erros de medicación.

Farmacovigilancia. (Vixiar as reaccións adversas de medicamentos e notificalas á autoridade sanitaria competente).

Xestión de alertas de medicamentos.

Preparación de formulas Maxistrais.

Asesorar e resolver calquera dúbida que poida xurdir a outros profesionais do centro sobre o correcto uso do medicamento.

Control de estupefacientes do centro.
Xestionar medicación do punto de Vacinación.