Información general

Un amplo equipo que garante a máxima seguridade do paciente na contorna cirúrxica.

A Unidade de  Anestesioloxía e Reanimación garante unhas condicións cirúrxicas óptimas, coa saúde e a seguridade do doente como preocupación esencial.

Ademais da actividade cirúrxica propiamente dita, a súa carteira de servizos asistenciais inclúe unha sala de recuperación post- anestésica, a consulta  preanestésica e a unidade da dor.