Información xeral

A Unidade de Coidados Intensivos ‘Doutor  Amadeo Caramés’ do Hospital  Cosaga conta con máis de 20 anos de experiencia e presta atención as 24 horas do día os 365 do ano. A actual UCI, que conta cunha zona dispoñible para os familiares e acompañantes do paciente, está conectada directamente co Servizo de Urxencias e é capaz de dar resposta a calquera tipo de patoloxía grazas ao equipo de profesionais que a conforman e á súa dotación tecnolóxica. Os horarios de visita na UCI distribúense da seguinte maneira:

De 13.00 horas a 13.30 horas

De 16.30 horas a 17.00 horas

De 20.30 horas a 21.00 horas

A UCI do Hospital Cosaga distribúese da seguinte forma:

Catro camas da Unidade Polivalente, unha delas deseñada para pacientes que precisen illamento

Dúas camas da Unidade Coronaria

Control de enfermería

Todas as camas están dotadas dun completo sistema de monitoraxe que, conectado ao monitor central situado no Control de Enfermería, dispón de:

Control de respiración

Control de temperatura

ECG (equipo de monitoraxe de constantes vitais)

Pulsioximetría

Presións invasiva e non invasiva

Ademais do sistema de monitoraxe, a UCI tamén dispón de:

Tres  respiradores  volumétricos

ECG (equipo de monitoraxe de constantes vitais) de catro canles

Monitor- desfribilador  bifásico-marcapasos externo

Monitor de gasto cardíaco

Monitor de electroencefalografía

Gasómetro

Broncoscopio

Xeradores de marcapasos externos

Bombas de infusión

Carro de parada