Información xeral

O Hospital  Cosaga levou a cabo importantes reformas na infraestrutura e equipamento da Unidade Integral de Cirurxía Oral e  Maxilofacial, Odontoloxía e Ortodoncia para completar os medios técnicos dos que xa dispuña, e converteuse no primeiro centro hospitalario de Galicia en contar con ferramentas de diagnóstico e planificación virtual para cirurxías do esqueleto facial.

Na Unidade de Cirurxía Oral e  Maxilofacial do Hospital  Cosaga traballan:

Dr. Xosé  Rubal Cirurxián  Maxilofacial

Dra. Carolina Quintas  Odontóloga

Ofrecemos unha resposta integral e personalizada, tanto a adultos como a nenos ( Odontopediatría), aos problemas e necesidades do doente nun ámbito hospitalario. Esta circunstancia ofrece maiores garantías para o paciente e permítenos atender todas as Urxencias  Postcirúrxicas durante as 24 horas do día os 365 días do ano, incluída a hospitalización do paciente se fose necesaria supervisada polo facultativo correspondente.

Somos especialistas en tratamentos sen dor e contamos coa últimas tecnoloxías sempre ao servizo do doente.

Somos especialistas en tratamientos sin dolor y se cuenta con las últimas tecnologías siempre al servicio del paciente.


Proporcionamos financiamento personalizado á medida do doente. Todas as necesidades e orzamentos pódense consultar sen compromiso no correo dental@cosaga.com ou no teléfono 988 210 279.

Tratamentos

Dispoñemos de tratamentos médico-cirúrxicos con ferramentas de diagnóstico e planificación pioneiras en Galicia:

Dores da articulación da mandíbula. Orientamos sobre a orixe e ofrecemos solución ao problema.

Se faltan varias pezas dentais ofrécense solucións para todos os casos. Desde os máis simples ata os máis complexos grazas a técnicas avanzadas de  implantolox ía e á planificación cirúrxica virtual.

Procedementos de rexuvenecemento facial.

Cirurxía  Ortognática para corrixir mordidas inadecuadas e corrixir perfís cos mellores medios para o diagnóstico e unha planificación virtual en 3D.

Estudos específicos para determinar se os  ronquidos ou apneas do soño están relacionados con problemas  maxilares, como ocorre nunha elevada porcentaxe de casos.

Exploracións e detección precoz de problemas en casos como lesións na boca ou vulto na cara e o pescozo.

Odontoloxía

No Hospital  Cosaga existen solucións en todos os procedementos e para todos os casos odontolóxicos e de  implantoloxía:

Odontoloxía xeral

Prótese dental e implantes

Tratamentos  periodontales

Odontopediatría

Ortodoncia

Cómo encontrarnos

Policlínico Santa Cristina

Sáenz Díez Nº3 Tel: 988 210 279

Información e cita previa en  Policlínico Santa Cristina 
Tel: 988 210 279

Tel: 988 210 279

Urxencias  postquirúrgicas en Clínica Santa Teresa 
Tel: 988 371 710/11/12

Tel: 988 371 710/11/12