Os nosos Valores
En Cosaga temos un compromiso co doente, exe de todas as nosas accións, coa sociedade que nos rodea, coa innovación tecnolóxica e coa eficiencia e a excelencia.
Orientación ao doente
E aos seus familiares e acompañantes para responder ás necesidades e expectativas con honestidade, profesionalidade, integridade e respeto polos seus valores e crenzas.
Reinversión dos beneficios
Para mellorar a prestación de todos os servizos a todos os niveis.
Innovación e actualización
En Cosaga estamos nun proceso constante de innovación tecnolóxica e de permanente actualización dos nosos profesionais para acadar unha medicina máis moderna e eficaz.
Factor humano, integración e implicación
Apoio ao principal activo de Cosaga, os seus traballadores, que comparten e participan activamente no proxecto.
Eficiencia e excelencia
En Cosaga estamos nun proceso para a mellora continua e manter o liderado no sector.
Compromiso coa sociedade
Cosaga está firmemente comprometida coa sociedade que a rodea.