A Escola, aberta a persoal sanitario e non sanitario, oferta unha formación acreditada polo Plan Nacional de Reanimación Cardiopulmonar ( PNRCP) e o European Resuscitation Council (ERC), e avalada pola Sociedade Española de Medicina Intensiva, Crítica e Unidades Coronarias ( SEMICYUC).
As estatísticas permiten sinalar que cunha formación regrada como a que ofrece Cosaga poderíase evitar o 70% do total de falecidos por parada cardiorrespiratoria, unhas 80 vidas ao ano se se extrapolan os datos á cidade de Ourense.
Coa posta en marcha desta Escola de Soporte Vital Básico, Cosaga vai un paso máis aló no seu compromiso coa sanidade e a sociedade ourensá.