A Escola, aberta a persoal sanitario e non sanitario, oferta unha formación acreditada polo Plan Nacional de Reanimación  Cardiopulmonar ( PNRCP) e o  European  Resuscitation  Council (ERC), e avalada pola Sociedade Española de Medicina Intensiva, Crítica e Unidades Coronarias ( SEMICYUC).

As estatísticas permiten sinalar que cunha formación regrada como a que ofrece o Hospital  Cosaga poderíase evitar o 70% do total de falecidos por parada  cardiorrespiratoria, unhas 80 vidas ao ano se se  extrapolan os datos á cidade de Ourense.

Coa posta en marcha desta Escola de Soporte Vital Básico, o Hospital  Cosaga vai un paso máis aló no seu compromiso coa sanidade e a sociedade ourensá.

Close Menu