Excelencia na Xestión

Obxectivos fundamentais

En Hospitáis Cosaga caracterízanos  o espírito de servizo á comunidade da que formamos parte. Estamos convencidos de que non serven de nada os equipamentos máis avanzados se detrás deles non hai un gran equipo humano. Unha axeitada atención sempre é importante e na asistencia sanitaria, un obxectivo primordial. Sen esquecer ademais que tratamos con persoas que se atopan nunha situación complexa, polo que non só nos preocupamos pola súa saúde, senón que tamén o facemos polo seu benestar e o dos seus familiares e acompañantes. Hai xa 19 anos que en  Cosaga impulsouse un cambio na estratexia relacionada coa cultura da organización empresarial dirixido á procura da excelencia a través da mellora continua, coa implicación e participación activa de todos os nosos profesionais. Un cambio que vai máis aló dos estándares de calidade esixidos pola lexislación vixente.

Seguridade do paciente

O doente é o eixo central de todas as actuacións que levamos a cabo en Hospitáis Cosaga. E a súa seguridade, é a nosa máxima prioridade. Cumprimos os requisitos da norma UNE 179003:2013 que certifica o noso sistema de xestión de riscos para a seguridade do doente. A seguridade do doente implica practicar unha atención á saúde libre de danos evitables. Iso supón desenvolver sistemas e procesos encamiñados a reducir a probabilidade de aparición de erros no sistema e erros das persoas e aumentar a probabilidade de descartalos cando ocorren e mitigar as súas consecuencias. A xestión de riscos para a mellora da seguridade do doente ten como obxectivo identificar situacións de risco e implantar accións para a súa redución e prevención.

Calidade

A calidade é a nosa filosofía básica. En Hospitáis Cosaga imos máis aló dos estándares esixidos pola lexislación vixente. Somos o único hospital privado de Ourense acreditado pola Consellería de  Sanidade da Xunta de Galicia de forma ininterrompida dende o ano 2002; o primeiro hospital privado de Galicia en obter acreditación  EFQM (Modelo Europeo de Calidade); o primeiro hospital de Ourense en obter a  Q de calidade da Fundación  IDIS polo seu compromiso coa calidade asistencial; e pioneiros na obtención da marca de Calidade Alimentaria no noso servizo de restauración, que garante a calidade, hixiene e seguridade dos alimentos. Ademais cumprimos coa norma UNE-EN  ISO 9001:2015 que certifica a calidade de todos os nosos servizos asistenciais e non asistenciais.

Respecto polo Medio Ambiente

Hospitáis Cosaga ten un compromiso irrenunciable e fundamental coa súa contorna inmediata. E este compromiso implica a protección ambiental. Desenvolvemos unha política integral neste apartado que nos servíu para a obtención de UNE-EN  ISO 14001:2015 polo noso compromiso coas boas prácticas ambientais. Concretamos o noso respecto polo medio ambiente en liñas de conduta e obxectivos moi ben definidos en todas as nosas funcións e niveis empresariais. Imos máis aló do que marca a lexislación nesta materia, e adquirimos compromisos beneficiosos para a protección ambiental de xeito voluntario para minimizar o impacto da nosa actividade.

Seguridade e saúde no traballo

En Hospitáis Cosaga valoramos ás persoas e sabemos que son un factor crave para o éxito; por iso, consideramos a prevención de riscos e a saúde dos nosos traballadores un dos nosos principais obxectivos. Asumimos a responsabilidade de impedir actuacións inseguras, de esixir o estrito cumprimento das normativas e o uso de todos os medios de protección ao noso alcance para manter os máis altos niveis de seguridade. Por este motivo contamos coa certificación do noso sistema de xestión da seguridade e a saúde no traballo pola norma  OHSAS 18001:2007.

Compliance corporativo

O  Corporate  Compliance –  Compliance Corporativo – é un conxunto de procedementos e boas prácticas adoptados polas organizacións para identificar e clasificar os riscos operativos e legais aos que se enfrontan e establecer mecanismos internos de prevención, xestión, control e reacción fronte aos mesmos. En Hospitáis Cosaga non somos alleos á innegable importancia da ética empresarial e, por este motivo, dotámonos dun Código Ético que pretende establecer os principios básicos aos que debemos aternos como organización, incluíndo a todos os nosos empregados e directivos. Este código constitúe un firme compromiso coa ética, a calidade e a transparencia. Do mesmo xeito, dotámonos dunha Canle Ética que facilita a comunicación de consultas, irregularidades e suxerencias en relación aos compromisos establecidos no mesmo.