Información xeral

O servizo de Urxencias Pediátricas do Hospital  Cosaga púxose en marcha en novembro de 2017 cunha gran acollida e valoración por parte de nenos e de pais. Este servizo funciona os 365 días do ano, as 24 horas do día con presenza física dos pediatras en horario de 10:00 a 21:00 e gardas localizadas en horario nocturno.

A unidade conta cos seguintes servizos:

Sala de observación coa dotación necesaria para a vixilancia clínica e administración de tratamentos ambulatorios.

Radioloxía e análises clínicos 24 horas/día.

Cabe destacar a excelente localización do servizo de Urxencias Pediátricas, localizado na planta baixa do Hospital, nunha área destinada exclusivamente á Urxencia Pediátrica con acceso directo a medios diagnósticos e totalmente equipado para a comodidade e o confort de pacientes e acompañantes.

Tamén contamos con servizo de hospitalización dentro do Hospital  Cosaga para pacientes que precisen ingreso superior a un día ou  requiran tratamento hospitalario con habitacións especialmente pensadas para a comodidade do paciente pediátrico e dos seus acompañantes.

A nosa intención é que os nenos reciban tratamentos de calidade nun ambiente próximo e familiar, procurando sempre que a estancia no noso servizo sexa unha experiencia o máis agradable posible.