Información xeral
A Unidade de Coidados Intensivos ‘Doutor Amadeo Caramés’ do Hospital Cosaga conta con máis de 20 anos de experiencia e presta atención as 24 horas do día os 365 do ano. A actual UCI, que conta cunha zona dispoñible para os familiares e acompañantes do paciente, está conectada directamente co Servizo de Urxencias e é capaz de dar resposta a calquera tipo de patoloxía grazas ao equipo de profesionais que a conforman e á súa dotación tecnolóxica. Os horarios de visita na UCI distribúense da seguinte maneira:
De 13.00 horas a 13.30 horas
De 16.30 horas a 17.00 horas
De 20.30 horas a 21.00 horas
A UCI do Hospital Cosaga distribúese da seguinte forma:
Catro camas da Unidade Polivalente, unha delas deseñada para pacientes que precisen illamento
Dúas camas da Unidade Coronaria
Control de enfermería
Todas as camas están dotadas dun completo sistema de monitoraxe que, conectado ao monitor central situado no Control de Enfermería, dispón de:
Control de respiración
Control de temperatura
ECG (equipo de monitoraxe de constantes vitais)
Pulsioximetría
Presións invasiva e non invasiva
Ademais do sistema de monitoraxe, a UCI tamén dispón de:
Tres respiradores volumétricos
ECG (equipo de monitoraxe de constantes vitais) de catro canles
Monitor- desfribilador bifásico-marcapasos externo
Monitor de gasto cardíaco
Monitor de electroencefalografía
Gasómetro
Broncoscopio
Xeradores de marcapasos externos
Bombas de infusión
Carro de parada