Quen Somos

Hospitáis Cosaga nace en 1985 como resultado da convicción dun grupo de profesionais vinculados á sanidade de que a mellor maneira de prestar un servizo de calidade aos seus pacientes é traballar en equipo.

Non só curamos, tamén coidamos

Cosaga quere converterse no hospital de referencia na cidade de Ourense e a súa provincia grazas ao seu compromiso co paciente, os seus familiares e acompañantes, eixo principal de toda a súa actividade sanitaria, e coa sociedade que lle rodea.

A túa tranquilidade, a nosa razón de ser

O noso obxectivo é a asistencia sanitaria integral de urxencia, ambulatoria e de hospitalización. Os nosos profesionais ofrecen unha atención especializada, personalizada, segura, eficiente, áxil e cun elevado grao de autoesixencia para acadar a satisfacción e tranquilidade do paciente.

Cremos nunha medicina que non cura enfermidades, senón que cura persoas enfermas

Se algo nos caracteriza é o noso espírito de servizo cara á comunidade da que formamos parte. Tratamos con persoas que se atopan nun momento complicado, polo que non só nos preocupamos pola súa saúde, senón que tamén o facemos polo seu benestar.

Últimas tecnoloxías para unha medicina eficaz

A satisfacción do paciente, os seus familiares e acompañantes está garantida en Cosaga grazas ao amplo equipo de profesionais da cooperativa que conta, ademais, coas últimas tecnoloxías para unha medicina máis eficaz e con plenas garantías.

Compromiso coa calidade

O compromiso de Cosaga é co paciente, co traballo en equipo e coa mellora continua no camiño emprendido de liderado e cara á excelencia, circunstancias que converteron á Cooperativa Sanitaria de Galicia no primeiro hospital de Galicia en obter o Selo de Excelencia EFQM, o máis prestixioso de cantos concédense a nivel europeo.