Información xeral

O principal obxectivo dos profesionais que forman o equipo multidisciplinar da Unidade de Hospitalización é realizar un diagnóstico correcto e proporcionar o tratamento e os coidados asistenciais axeitados á situación clínica do paciente ingresado ata o momento da alta, buscando satisfacer tanto as súas expectativas como as dos seus familiares e acompañantes utilizando a mellor evidencia científica e proporcionando a mellor información para fomentar o seu  autocoidado unha vez abandone o hospital.

A Unidade de Hospitalización está dotada de 15 habitacións dobres e sete individuais.

Todas as habitacións dispoñen de:

Cadeiras de brazos

Cadeiras

Mesillas

Tomas de osíxeno

Tomas de Aspiración

W. C. individual con bañeira e chan antiescorregaduras

WIFI

Televisión

Teléfono

Timbre de emerxencia (sonoro e luminoso) conectado á central de enfermería

Cama articulada automática