Información xeral

Os ciudadáns tamén poden informarse no 060 da Dirección Xeral de Tráfico dos dereitos que lle asisten.

Cando unha persoa sofre un accidente de tráfico está no seu dereito de elixir o centro médico ao que quere ser trasladado. O Hospital  Cosaga ofrece, as 24 horas do día os 365 días do ano, unha asistencia integral no ámbito sanitario, sen esperas e personalizada, proporcionada por un equipo multidisciplinar capaz de diagnosticar e tratar as lesións no menor tempo posible con acceso a todos os recursos do hospital (Urxencias, diagnóstico por imaxe, unidade cirúrxica, laboratorio.…).

O noso obxectivo é a pronta recuperación e o benestar do paciente. Por iso a Unidade de Lesionados de Tráfico do Hospital  Cosaga encárgase dos trámites administrativos e realiza todas as xestións necesarias coa compañía de seguros para que o paciente só se preocupe da súa recuperación.

Oficinas centrais de CO.SA.GA.
Sáenz Díez nº 9
988 371 710/11/12
gestiontraficos@cosaga.com