Información xeral

O Hospital  Cosaga, en colaboración con  NeuroBurgas, conta cunha Unidade de Rehabilitación Cerebral e Lesionados Medulares para doentes ambulatorios. Esta unidade constitúena profesionais do noso hospital, que contan coa colaboración do equipo de  NeuroBurgas, especializado en rehabilitación neurolóxica e que suma tamén fisioterapeutas neurolóxicos, terapeutas ocupacionais,  logopedas e psicólogos; todos eles especializados en pacientes con dano cerebral e lesión medular.

Gustaríanos recalcar a importancia deste tipo de unidades para a recuperación dos nosos pacientes e o apoio aos seus familiares ou acompañantes, tanto pola elevada incidencia deste tipo de enfermidades así como pola necesidade de afrontar unha boa e precoz  neuro  rehablitación.

Esta Unidade de Dano Cerebral e Lesionados Medulares está constituída por:

Unidade hospitalaria

Neuroloxía

Neurocirurxía

Medicina Interna

Fisioterapia  Neurolóxica.

Fisioterapia  Acuática.

Psicoloxía.

Terapia Ocupacional.

Logopedia.

Integración Sensorial.

RMN, TAC, ECO.