Información xeral

O Hospital  Cosaga ofrece ao deportista, as 24 horas do día os 365 días do ano, unha asistencia integral no ámbito sanitario, sen esperas e personalizada, proporcionada por un equipo multidisciplinar capaz de diagnosticar e tratar as lesións no menor tempo posible con acceso a todos os recursos do hospital.

O Hospital  Cosaga está ademais adherido ao Plan  Xogade da Xunta de Galicia para dar cobertura sanitaria aos menores de entre 6 e 16 anos que sufran algún tipo de accidente deportivo.

Encargámonos de todos os trámites administrativos relacionados coa lesión para que o paciente só teña que preocuparse da súa recuperación.

No Hospital  Cosaga queremos fomentar a práctica segura do deporte, e por este motivo temos en marcha un convenio coa Federación  Galega de Atletismo para trasladar aos atletas federados e non federados a importancia de someterse a un recoñecemento cardiovascular para evitar riscos innecesarios dentro dunha campaña de concienciación sobre a importancia da prevención para atletas e, especialmente, para os maiores de 35 anos.

O Hospital  Cosaga mantén numerosos convenios de patrocinio con clubes ourensáns de todas as disciplinas deportivas como mostra do seu compromiso co deporte e os valores que transmite a súa práctica. Somos o hospital de referencia de multitude de deportistas que abarcan disciplinas que van dende o  rugby, o fútbol e o balonmán ata o atletismo.

A Unidade do Deporte implica a numerosos servizos do Hospital  Cosaga:

Urxencias

Diagnóstico por imaxe

Unidade Cirúrxica

Equipo propio de traumatólogos especialidados

Unidade de Hospitalización

Departamento administrativo único

Fisioterapia

Probas de esforzo

Laboratorio

email Unidade do Deporte: medicinadeporte@cosaga.com

Companias de seguros accidentes deportivos federeacións 2018 – 2019 

HNA SERVICIOS CORPORATIVOS
AWP ASSISTANCE SERVICE ESPAÑA, S.A. UNIPERSONAL (ALLIANZ)
MAPFRE VIDA
GEROSALUD
CATALANA OCCIDENTE
AXA SEGUROS
GENERALI

Close Menu